“Se un neno non aprende da forma na que lle ensinamos, quizá deberiamos ensinar da forma na que eles aprenden”

Ignacio Estrada

Somos conscientes de que no noso país existe un problema xeral coa didáctica do inglés: a pesar de que este está presente no currículo durante máis de dez anos, as/os rapazas seguen a ter un nivel moi baixo ao rematar o proceso educativo. O proceso natural de aprendizaxe dunha lingua pasa por catro estados: escoitar, falar, ler e escribir; sen embargo, na ensinanza tradicional do inglés, a parte oral apenas está presente, creando así un proceso de
adquisición da lingua complexo, pouco atractivo e sen utilidade fora da linguaxe escrita. É por iso que a maioría das/os rapazas acaban o bacharelato cun nivel aceptable de escritura e lectura pero sen capacidade para comunicarse de forma oral. En Fun Forest ensinamos inglés de forma natural: primeiro escoitando, despois falando e finalmente lendo e escribindo. E facémolo dunha forma divertida e atractiva para as/os peques. Enjoy English!
METODOLOXÍA

As nosas clases teñen lugar durante o curso académico e están dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. O noso método é único e innovador; está desarrollado por nós mesmas e ten como principal protagonista á/ao alumna. A diferenza doutros centros, que empregan libros de texto preestablecidos sen ter en conta as características das/os nenos, nós adaptamos os contidos aos diferentes grupos tendo en conta as necesidades, experiencias e estilos de aprendizaxe do noso alumnado. Buscamos sempre que o idioma sexa unha ferramenta de comunicación persoal para as/os peques coa que poidan transmitir as súas emocións e pensamentos. Para conseguilo, aproveitamos as capacidades de adquisición da linguaxe de forma que aprenden o inglés dunha forma natural, tal e como sucede ao aprender as linguas maternas.

HORARIO

As nosas clases de inglés teñen lugar polas tardes de luns a xoves. Cada grupo acude a Fun Forest dous días á semana en días alternos (luns e mércores ou martes e xoves).

DINÁMICA

As clases son totalmente comunicativas e nelas empregamos recursos variados como xogos cooperativos, cancións, contos, actividades sensoriais e creativas…

OBXECTIVOS

Os nosos obxectivos principais son a aprendizaxe do idioma, a diversión e o desenvolvemento. Así, ademáis de interiorizar a lingua pasándoo en grande, traballamos psicomotricidade, capacidades cognitivas, etc.

O PAPEL DAS FAMILIAS

As familias teñen un papel moi importante na nosa escola. Gústanos que exista unha comunicación directa con vós e por iso vos brindamos unha atención totalmente personalizada.

APLICACIÓN MÓBIL

Empregamos unha aplicación coa que podedes seguir o proceso das/os vosas peques mediante fotografías e vídeos. Ademáis, nela colgamos vídeos para que poidades practicar con elas/es na casa!

CONTIDOS TRANSVERSAIS

Entre os contidos transversais que traballamos atópanse a igualdade de xénero, a cooperación en lugar da competitividade, o respecto polos animais e a naturaleza, o respecto ás diversidades, etc.

Soa ben, verdade? O prazo de matrícula para o próximo curso está aberto, a que esperas para apuntarte?

Temos prazas limitadas! Pincha aquí para coñecer as tarifas e descargar o formulario de matrícula.