“O home inicia o seu desarrollo mental a partir do nacemento, e efectúao coa maior intensidade nos tres primeiros anos de vida”

María Montessori

Sabías que aos catro meses as/os peques son capaces de diferenciar distintos idiomas, e xa recoñecen o significado de palabras e frases? E que aos 12 meses teñen a capacidade de reproducir con exactitude os sons de calquera idioma ao que fosen expostos? Cantos problemas de pronunciación nos aforraríamos se aprendésemos inglés de peques, verdade? Durante os tres primeiros anos de vida, o cerebro do bebé ten a capacidade de aprender máis dun idioma sen esforzo e con naturalidade. A medida que os anos van pasando imos perdendo esta capacidade, o que supón unha dificultade cada vez maior a medida que imos cumprindo anos. Aproveitar estas capacidades
innatas supón moitos beneficios para as/os peques: xa non en canto a aprendizaxe do idioma senón ás súas capacidades cognitivas en xeral. O cerebro dos bebés é a máquina de aprendizaxe máis poderosa que existe, é unha especie de disco duro baleiro esperando recibir información e, sobre todo, ser estimulado. Existen numerosos estudos que demostran que o cerebro do bebé medra exponencialmente ao estar exposto a máis dunha lingua. Ademáis, aprender varios idiomas reforza as conexións neurolóxicas que facilitan ao bebé o seu desarollo xeral. O mellor momento para que desarrollen ao máximo as súas capacidades!
METODOLOXÍA

As nosas clases para bebés teñen lugar durante o curso académico e están dirixidas a nenas e nenos de 18 meses a 3 anos. Empregamos un método desarrollado por nós mesmas, tendo como obxectivo que as/os peques aproveiten esta etapa para aprender o inglés coma se fose outra das súas linguas maternas. As/os bebés son as principais protagonistas das nosas clases e nelas traballamos tódolos aspectos: sistema cognitivo, motriz, afectivo, social… 

DINÁMICA

As clases son totalmente comunicativas e nelas empregamos recursos variados como actividades de estimulación, xogos, cancións, contos, actividades sensoriais e creativas, representación de situacións cotidianas e familiares…

INTELIXENCIA EMOCIONAL

A educación emocional ten un papel fundamental na infancia. Traballando as emocións séntanse as bases da autoestima, a seguridade e a confianza nun mesmo e no mundo que nos rodea.

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS E SENSORIAIS

Os sentidos dos bebés atópanse en desenvolvemento. Mediante este tipo de actividades axudámoslles a entender a información captada a través dos seus sentidos e a interactuar co seu contorno.

AUTONOMÍA

Nas nosas clases buscamos que as/os peques traballen de forma autónoma nos distintos aspectos da súa vida diaria, buscando a súa independencia. A autonomía a estas idades ten un efecto moi importante na súa autoestima!

ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

O simple feito de estar exposta/o a outra lingua durante os primeiros anos de vida xa supón unha estimulación importante para o seu cerebro, pero a maiores facemos actividades nas que as/os peques traballan a súa atención, memoria, razonamento lóxico…

CONEXIÓN COAS FAMILIAS

A través da aplicación móbil que empregamos, onde colgamos fotos e vídeos das actividades que facemos na clase, poderedes facer un seguimento das clases. As familias teñen un papel moi importante para nós!

 

As clases de inglés para bebés de 18 meses a 3 anos teñen lugar polas mañás ou tardes de luns a xoves. As/os peques veñen a Fun Forest durante unha hora e media cada día en días alternos (luns e mércores ou martes e xoves), podendo tamén vir un só día á semana ou varios.

Soa ben, verdade? Os grupos son reducidos e temos prazas limitadas, así que non esperes!

Pincha aquí para coñecer as tarifas e descargar a solicitude de praza!