“O neno, co seu enorme pontecial físico e intelectual, é un milagre frente a nós. Este feito debe ser transmitido a todos os pais, educadores e persoas interesadas en nenos, porque a educación desde o comezo da vida podería cambiar verdadeiramente o presente e o futuro da sociedade”

María Montessori

ingles para niños pontevedra campamentos urbanos en ingles academia de ingles pontevedra campamentos verano pontevedra campamento verano pontevedra fun forest, ingles divertido pontevedra, ingles niños pontevedra, ingles nenos pontevedra, montessori galicia, montessori pontevedra, montessori niños
Durante a última semana de xuño e todo o mes de xullo abrimos as nosas portas para ofrecer un campamento moi especial: os nosos Campamentos urbanos Montessori en inglés. Seguindo a metodoloxía Montessori, as nenas e nenos teñen a oportunidade de desenvolver as súas habilidades en lingua inglesa dun xeito natural, ao mesmo tempo que traballan as súas capacidades psicomotrices, cognitivas, creativas… Inglés + Montessori sen saír de Pontevedra!

CARACTERÍSTICAS

IDADE

O noso Campamento Montessori está dirixido a crianzas de entre 3 a 7 anos. As actividades desenvólvense en grupos de idades mixtas, con materiais adaptados segundo a idade e o grado de desenvolvemento de cada nena/o.

HORARIO

O horario do noso Campamento Montessori é de luns a venres de 10 a 14 horas. Estrutúranse por semanas, de xeito que é posible acudir ás 5 semanas, só a unha ou a semanas soltas. Axustámonos ás túas necesidades!

LIÑA OFICIAL AMI

Seguimos a liña Montessori establecida pola Association Montessori Internationale (AMI), contando con todos os materiais necesarios para cada etapa e dispoñendo dun ambiente preparado acorde con dita corrente oficial.

INMERSIÓN TOTAL

Durante o tempo que están en Fun Forest, as/os peques só escoitan inglés. Así dase unha aprendizaxe intensiva na que verán as súas capacidades en inglés avanzar sen sequera decatarse!

GRUPO REDUCIDO

Contamos cun ratio de 1/6 (un acompañante por cada seis crianzas). Todas as nosas guías recibiron formación Montessori (AMI, Rachachán) e son tituladas en inglés.

PRAZO DE MATRÍCULA

O prazo de matrícula para os nosos campamentos ten lugar entre os días 1 de abril e 31 de maio. As prazas son limitadas, así que en caso de estar interesada/o recomendámosche non retrasarte demasiado!

A MAÑÁ NO CAMPAMENTO MONTESSORI

WELCOME (10.00 – 10.30)

A entrada é flexible e relaxada. As/os nenas despídense de vós, saúdan ás guías, colocan o abrigo e mudan os zapatos, etc.

MONTESSORI WORK (10.00 – 11.30)

Durante unha hora e media as nenas e nenos traballan dentro das distintas áreas: vida práctica, experiencias sensoriais, áreas culturais, arte, bioloxía, cociña… É unha hora de traballo sen interrupción no que cada nena/o segue o seu propio ritmo e a súa natureza acompañada polas educadoras.

SNACK (11.30 – 12.00)

Momento de organizar a mesa e preparar o snack. Un momento clave no que aproveitamos para falar de gustos, texturas, sabores e non só se comparte a comida senón que é unha parte importante de interacción para as crianzas.

LET’S EXPLORE (12.00 – 13.00)

Saímos á rúa, aproveitando o emplazamento da nosa escola, e aproveitamos para conectarnos co noso contorno: visitamos algún parque, damos un paseo, achegámonos á Biblioteca Municial, á praza de Abastos…

EXPRESS YOURSELF (13.00 – 13.45)

Este é o momento de contar historias, ler contos, escoitar música, facer rimas, desenvolver a expresión corporal… Unha parte moi importante á hora de aprender inglés. Aproveitando ata o último momento!

BYE BYE! (13.45 – 14.00)

A saída é relaxada. As/os nenas despídense das guías e reatópanse coas familias. Ata o próximo día!

O prazo de matrícula está aberto ata o 31 de maio, a que esperas para apuntarte?

Temos prazas limitadas! Pincha aquí para coñecer as tarifas e o proceso de matrícula.

TARIFAS

Prezo por semanas:

1 semana: 90 €/semana

2 semanas: 85 €/semana

3 semanas ou máis: 75€/semana