Durante o verán abrimos as nosas portas para ofrecer un campamento moi especial: os nosos Campamentos urbanos en inglés. Seguindo a metodoloxía Fun Forest, as nenas e nenos teñen a oportunidade de desenvolver as súas habilidades en lingua inglesa dun xeito natural, ao mesmo tempo que traballan as súas capacidades psicomotrices, cognitivas, creativas… 100% en inglés sen saír de Pontevedra!

IDADES

Están dirixidos a peques de entre 3 e 10 anos. Tódalas actividades que facemos teñen como fin que as/os peques se divirtan en inglés. Diversión asegurada!

HORARIO

Teñen lugar de luns a venres de 10.00 a 14.00. Tamén ofrecemos servizo para madrugadores, que poden entrar ás 9.00. O horario de saída é flexible! Poden vir por horas ou semanas completas.

INMERSIÓN TOTAL

Durante o tempo que están con nós só escoitan inglés. Así dase unha aprendizaxe intensiva na que mellorarán as súas capacidades en inglés sen sequera decatarse.
A mellor forma de aprender!

TEMÁTICA

Cada semana tratamos un tema dentro de distintas áreas que lles interesen. Escollemos os temas en funcisí asegurámonos de que as/os peques estén máis que motivadas/os e o pasen xenial!

ACTIVIDADES

As mañás están estruturadas dun xeito moi dinámico: temos tempo de xogo, picnic, actividades como cociña, arte, teatro, música, ciencia, pequenas excursións pola cidade…

CONEXIÓN COAS FAMILIAS

A través da aplicación móbil que empregamos, onde colgamos fotos e vídeos das actividades que facemos na clase, poderedes facer un seguimento das/os peques!

A MAÑÁ NO CAMPAMENTO FUN FOREST

WELCOME (10.00 – 10.45)

A entrada é relaxada. As/os nenas despídense das familias, saúdan ás profes, colocan o abrigo e mudan os zapatos, etc. Despois facemos actividades de presentación e benvida; ademais, dedicamos uns minutos ao xogo libre para que desarrollen a súa creatividad e se relacionen entre elas/es. A continuación, presentamos as actividades que faremos ao longo da mañá.

THEME WORK (10.00 – 11.30)

Durante unha hora e media as nenas e nenos traballan dentro das distintas áreas: cociña, arte, teatro, música, ciencia…

SNACK (11.30 – 12.00)

Momento de organizar a mesa e preparar o snack. Un momento clave no que aproveitamos para falar de gustos, texturas, sabores e non só se comparte a comida senón que é unha parte importante de interacción para as nenas/os. Se o tempo o permite, facemos o pic-nic fóra!

PLAY TIME/LET’S EXPLORE (12.00 – 13.00)

Neste momento realizamos (no exterior ou en Fun Forest) xogos cooperativos nos que fomentamos a colaboración e o traballo en equipo, traballando tamén as sus capacidades cognitivas e motrices. Tamén é o momento para conectar co noso contorno: visitamos algún parque, damos un paseo, achegámonos á Biblioteca Municial, á praza de Abastos…

EXPRESS YOURSELF (13.00 – 13.45)

Este é o momento de contar historias, ler contos, escoitar música, bailar… Unha parte moi importante á hora de aprender inglés. Aproveitando ata o último momento!

BYE BYE! (13.45 – 14.00)

A saída é relaxada. As/os nenas despídense das profes e reatópanse coas familias. Ata o próximo día!

O prazo de inscrición nos campamentos está aberto ata o 31 de maio, e os campamentos comezan o 25 de xuño. Podes descargar o dossier coa información aquí.

Soa ben, verdade? Os grupos son reducidos e temos prazas limitadas, así que non esperes!

Pincha aquí para coñecer as tarifas e descargar a solicitude de praza!