ADMISIÓN

Se queres que a/o túa peque forma parte de Fun Forest, aquí tes toda a información sobre o proceso de matrícula:

· CAMPAMENTOS DE VERÁN (prazo de matrícula aberto, DATA LÍMITE: 31 DE MAIO)

O proceso é moi sinxelo:

    1. Pincha aquí para descargar a solicitude de praza.
    2. Unha vez cuberta, envíanola por e-mail a info@funforest.es
    3. A comezos de xuño confirmarémosche se a/o túa/teu peque ten praza nos campamentos e darémosche instruccións para proceder coa matrícula. As prazas adxudícanse por orde de solicitude. 
  1. · TARIFAS (pregunta polas facilidades de pago!)

    · SEMANA DE 5 DÍAS:
    – Alumnas/os de Fun Forest: 75 euros · Non alumnas/os: 85 euros

    · SEMANA DE 4 DÍAS:
    – Alumnas/os de Fun Forest: 60 euros · Non alumnas/os: 70 euros

    · BONO 10 HORAS:
    – Alumnas/os de Fun Forest: 65 euros · Non alumnas/os: 75 euros

    *A opción madruga ten un custo de 10€/semana para alumnas/os, 15€ para non alumnas/os

· CLASES DE INGLÉS DIVERTIDO (prazo de matrícula aberto, DATA LÍMITE: 31 DE MAIO)

Segue os seguintes pasos:

    1. Pincha aquí para descargar a solicitude de praza.
    2. Unha vez cuberta, envíanola por e-mail a info@funforest.es
    3. A comezos de xuño confirmarémosche se a/o túa/teu peque ten praza en Fun Forest e darémosche instruccións para proceder coa matrícula. As prazas adxudícanse por orde de solicitude. 
    · TARIFAS:

    · MATRÍCULA: 40 euros

    · MATERIAIS: 30 euros (un so pago ao comezo do curso)

    · MENSUALIDADE: 75 euros en 10 pagos (de setembro a xuño)

· CLASES DE INGLÉS PARA BEBÉS (prazo de matrícula aberto, DATA LÍMITE: 31 DE MAIO)

Segue os seguintes pasos:

    1. Pincha aquí para descargar a solicitude de praza.
    2. Unha vez cuberta, envíanola por e-mail a info@funforest.es
    3. A comezos de xuño confirmarémosche se a/o túa/teu peque ten praza en Fun Forest e darémosche instruccións para proceder coa matrícula. As prazas adxudícanse por orde de solicitude.
· TARIFAS:

· MATRÍCULA: 40 euros

· MATERIAIS: 30 euros (un só pago ao comezo do curso)

· MENSUALIDADE:

      • Un día á semana (1,5h/semana): 55 euros/mes
      • Dous días á semana (3h/semana): 90 euros/mes
      • Tres días á semana (4,5h/semana): 130 euros/mes
      • Catro días á semana (6h/semana): 170 euros/mes

PROGRAMA DE BOLSAS DE ESTUDO

Desde o momento que abrimos as nosas portas tiñamos claro que non queriamos que a educación Fun Forest fose algo exclusivo para persoas que puidesen facer fronte aos gastos. É por isto que buscamos facer asequible o noso centro a familias que, polas súas circunstancias económicas, non poidan acceder á nosa escola.

Con este programa queremos dar resposta a familias comprometidas, que comparten os valores e a filosofía de Fun Forest, resguardando en todo momento a intimidade das mesmas. As primeiras becas outorgaronse no curso 2016/2017.

Se queres recibir información sobre este programa, contáctanos e estudiaremos a túa solicitude.

Se es unha empresa ou particular e queres contribuir a este programa de bolseiros para poder ofrecer máis prazas e facer a nosa educación asequible a máis familias, non dubides en contactarnos.