Clases de inglés para bebés de 18 meses a 3 anos

ingles para niños vigo, ingles para niños pontevedra, campamentos urbanos en ingles, campamentos urbanos pontevedra, campamentos urbanos vigo, academia de ingles pontevedra, campamentos verano pontevedra, campamentos verano vigo, campamento verano pontevedra, campamento verano vigo, fun forest, ingles divertido pontevedra, ingles niños pontevedra, ingles divertido vigo, ingles niños vigo, ingles nenos pontevedra, montessori galicia, ingles nenos vigo, montessori vigo, montessori niños pontevedra, montessori niños vigo, escuela montessori vigo, escuela montessori pontevedra, montessori pontevedra, montessori niños

Hoxe sacamos á luz a nosa nova oferta educativa: CLASES DE INGLÉS PARA BEBÉS DE 18 MESES A 3 ANOS!

Sabías que aos catro meses as/os peques son capaces de diferenciar distintos idiomas, e xa recoñecen o significado de palabras e frases? E que aos 12 meses teñen a capacidade de reproducir con exactitude os sons de calquera idioma ao que sexan expostos? Cantos problemas de pronunciación nos aforraríamos se aprendésemos inglés de peques, verdade? Durante os tres primeiros anos de vida, o cerebro do bebé ten a capacidade de aprender máis dun idioma sen esforzo e con naturalidade. A medida que os anos van pasando imos perdendo esta capacidade, o que supón unha dificultade cada vez maior a medida que imos cumprindo anos.

Aproveitar estas capacidades innatas supón moitos beneficios para as/os peques: xa non en canto a aprendizaxe do idioma senón ás súas capacidades cognitivas en xeral. O cerebro dos bebés é a máquina de aprendizaxe máis poderosa que existe, é unha especie de disco duro baleiro esperando recibir información e, sobre todo, ser estimulado. Existen numerosos estudos que demostran que o cerebro do bebé medra exponencialmente ao estar exposto a máis dunha lingua. Ademáis, aprender varios idiomas reforza as conexións neurolóxicas que facilitan ao bebé o seu desarollo xeral. O mellor momento para que desarrollen ao máximo as súas capacidades! Sabendo todo isto e escoitando as vosas suxerencias… Decidímonos a dar este paso!

As nosas clases para bebés duran unha hora e media, podendo vir varios días á semana; desenvólvense 100% en inglés e están impartidas por unha mestra titulada en inglés e en Educación Infantil. Como sempre, traballamos con grupos reducidos e as prazas son limitadas. 

Soa ben, verdade? En abril comezamos, tes ata o día 2 para matricularte! Non esperes! Infórmate aquí e descarga xa a túa solicitude de praza!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *