Que nos fai distintos (I): aprendizaxe natural

ingles para nenos, ingles para niños vigo, ingles para niños pontevedra, campamentos urbanos en ingles, campamentos urbanos pontevedra, campamentos urbanos vigo, academia de ingles pontevedra, campamentos verano pontevedra, campamentos verano vigo, campamento verano pontevedra, campamento verano vigo, fun forest, ingles divertido pontevedra, ingles niños pontevedra, ingles divertido vigo, ingles niños vigo, ingles nenos pontevedra, montessori galicia, ingles nenos vigo, montessori vigo, montessori niños pontevedra, montessori niños vigo, escuela montessori vigo, escuela montessori pontevedra, montessori pontevedra, montessori niños

Nacín nun pobo pequeniño, no alto dunha montaña lucense, no que as posibilidades para estudar idiomas fai 28 anos eran limitadas (por non dicir imposibles!). Comecei a ter clase de inglés no cole con 7 anos, e sempre me chamou a atención o seguinte: se son clases de inglés, por que nos ensinan en español? Cando tiña 11 anos, despois de levar “aprendendo” inglés catro anos e sen telo falado nunca, o meu grupo tivo moita sorte: curiosamente, a nosa mestra de inglés dese curso non era mestra de inglés, senón de lingua española. E ao parecer ela non estaba familiarizada coa forma tradicional na que se ensinaba esta lingua, así que fíxoo como ben puido. E foi o mellor que nos puido pasar!

As clases desenvolvíanse en inglés. Desde que entrabamos ata que marchabamos. Seguían sendo orientadas á lectoescritura da lingua, como ata daquela, pero a asignatura de inglés deixou de ser unha máis na que nos limitabamos a memorizar e demostrar os coñecementos nun exame escrito. Era unha clase na que aprendiamos a entender e a comunicarnos nunha lingua estranxeira. Estabamos todos/as moi motivados/as, emocionados/as… e avanzabamos a pasos axigantados! Cando chegamos ao instituto falando en inglés, a nosa profe quedou abraiada con todo o que sabiamos: como podía ser que xa dominásemos con creces todo o que se supoñía que tiña que cubrir ela no seu currículo para primeiro da ESO? Desafortunadamente, a ensinanza tradicional foi a que imperou no instituto. Outra vez memorizar largas listas de vocabulario, verbos irregulares, gramática… pero nin rastro da lingua inglesa falada.

ingles para nenos, ingles para niños vigo, ingles para niños pontevedra, campamentos urbanos en ingles, campamentos urbanos pontevedra, campamentos urbanos vigo, academia de ingles pontevedra, campamentos verano pontevedra, campamentos verano vigo, campamento verano pontevedra, campamento verano vigo, fun forest, ingles divertido pontevedra, ingles niños pontevedra, ingles divertido vigo, ingles niños vigo, ingles nenos pontevedra, montessori galicia, ingles nenos vigo, montessori vigo, montessori niños pontevedra, montessori niños vigo, escuela montessori vigo, escuela montessori pontevedra, montessori pontevedra, montessori niños

Somos conscientes de que no noso país existe un problema xeral coa didáctica de inglés, porque é algo que vivimos en primeira persoa. A pesar de que está presente cada vez desde antes no currículo, as rapazas e rapaces seguen a ter un nivel baixísimo ao rematar o proceso educativo. Isto é así porque, polo xeral, non se lles ensina a comunicarse: ensínaselles gramática, vocabulario descontextualizado… Ensínase inglés como quen ensina historia: temario a memorizar para un exame, e unha vez pasado o exame, borrón e conta nova. Non se ten en conta que o proceso natural de aprendizaxe dunha lingua pasa por catro estados: escoitar, falar, ler e escribir. Na ensinanza tradicional do inglés, a parte oral apenas está presente, creando así un proceso de adquisición da lingua complexo, pouco atractivo e sen utilidade fora da linguaxe escrita. É por iso que a maioría das/os rapazas acaban o bacharelato cun nivel aceptable de escritura e lectura pero sen capacidade para comunicarse de forma oral. E o que aínda é peor: odiando a lingua inglesa e creando unha barreira que, unha vez que son maiores, é difícil de superar.


En Fun Forest ensinamos inglés de forma natural: primeiro escoitando, despois falando e finalmente lendo e escribindo. E facémolo dunha forma divertida e atractiva para as/os peques. As nosas clases son totalmente comunicativas e nelas empregamos recursos variados como xogos cooperativos, cancións, contos, actividades sensoriais e creativas… Deste xeito, ademáis de aprender a comunicarse en inglés, as nenas e nenos desenvolven un cariño especial pola lingua. Están desexando practicala en todo momento, e están desexando aprender máis cada día. Se queres que a túa filla ou fillo forme parte da nosa escola, visita a sección de admisión e infórmate de como proceder a matriculala/o. E benvida/o á nosa familia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *